VER MÁIS
Tempos de pandemia é un traballo documental que resume en clave galega a crise sanitaria, económica e social que de súpeto sacudiu o planeta e cambiou da noite para a mañá o noso modo de vida. As imaxes van dende os primeiros momentos da propagación do virus e da declaración do estado de alarma ata o período de vacinación no que estamos completamente inmersos. As fotografías mostran momentos positivos e negativos, dramáticos e felices da nosa vida cotiá, que son, en esencia, as propias experiencias humanas.
A pandemia da covid demostrou o importante papel que xogan os fotoxornalistas nun momento no que foron os ollos da sociedade cando estivo confinada. Case a totalidade das fotografías están tomadas na provincia de Ourense e a súa pequena cidade de algo máis de 100.000 habitantes, durante a cobertura gráfica desta pandemia global tamén quedou demostrado que era moi importante documentar o que acontecía dende calquer punto xeográfico. Ourense ten o índice de envellecemento máis alto de España e é tamén unha das zonas máis afectadas polo envellecemento da poboación dentro da Unión Europea. Foron precisamente eles, os anciáns que construiron o estado de benestar, o sector máis vulnerable da poboación, os que sufriron o golpe máis duro da pandemia do coronavirus.