Residencia01
VER MÁIS
As persoas maiores foron o grupo máis vulnerable na pandemia do coronavirus que sacudiu todo o planeta. A Covid-19 fixo fincapé nas necesidades de coidado das persoas maiores, as que nolo deron todo, no que respecta ao seu dereito á saúde. Detrás dos números estaban as historias dunha xeración que sufriu unha guerra civil e se sacrificou para acadar un estado do benestar. Residentes, familiares e traballadores enfrontáronse a un inmenso dó con recursos escasos e un escenario de medo e incerteza. A residencia de maiores San Carlos de Celanova (Ourense) foi un dos primeiros centros para maiores en rexistrar un contaxio masivo polo novo coronavirus e foi considerada a "zona cero" de Galicia. As súas traballadoras, en primeira liña e con equipos de protección, sufriron semanas de grande estrés, traballando durante xornadas maratonianas con medios insuficientes. 9 residentes faleceron e máis de 40 infectáronse, ademais de 18 traballadores. As profesionais da residencia San Carlos foron heroínas na guerra contra un inimigo invisible que as puxo contra as cordas cando, na terceira semana de marzo, o centro converteuse nun dos maiores focos de contaxio.
RESIDENCIA05 RESIDENCIA06 RESIDENCIA07 RESIDENCIA08 RESIDENCIA09 RESIDENCIA10 Residencia12 Residencia13 RESIDENCIA12 RESIDENCIA13 RESIDENCIA14 RESIDENCIA15 RESIDENCIA16 RESIDENCIA17 RESIDENCIA18 RESIDENCIA19 RESIDENCIA20 RESIDENCIA21 RESIDENCIA22 RESIDENCIA24
instagram-blanco-40x40 twitter-blanco-40x40 facebook-blanco-40x40