VER MÁIS
A crise enerxética actual é máis que unha metáfora da complicada situación que sofre Líbano. O abastecemento eléctrico supón un desafío diario. Excepto os habitantes que poden permitirse un xerador e o seu combustible, o resto sofre limitacións de uso e largas horas de cortes de enerxía. Antes o uso de xeradores permitía ós libaneses sobrepoñerse á dificultade, pero a caída da libra libanesa disparou o prezo do combustible.
Os cortes de luz reviven as dificultades da guerra civil que deixou moitas feridas sen cicatrizar. A crise enerxética en Libano escalou nos derradeiros meses, aumentando a tensión social, a penumbra e interrumpiu aspectos básicos da vida diaria. O punto de inflexión produciuse o outubro pasado cando dúas importantes centrais eléctricas víronse obrigadas a interromper o seu servizo pola falta de combustible. Beirut, outrora unha capital turística, súmese na escuridade e a poboación padece a ausencia dun servizo enerxétivo vital.
A depreciación da libra libanesa, ata un 80%, golpeou a industria eléctrica do país e o comercio de produtos básicos dependentes das importacións. Esta crise económica provocou que o 55% da poboación libanesa viva baixo o limiar da pobreza. A explosión nos almacéns do porto de Beirut que causaron unha gran destrución, a guerra en Siria e o influxo de persoas refuxiadas buscando un lugar seguro profundizaron aínda máis nesta crise.