BRAIS LORENZO
OURENSE, 1986
Formado en Fotografía e Xeografía e Historia. Está interesado en temáticas sociais e medioambientais. Cre no poder transformador da imaxe.
Desde 2010 compaxina o fotoxornalismo con traballos documentais de longo alento. É colaborador habitual de Bloomberg, Anadolu e Axencia EFE. Realizou fotografías para outros medios de comunicación como El País, El Mundo, La Vanguardia, ABC, Público, Eldiario.es, Revista Luzes, RTVE, XL Semanal, The Guardian e outras axencias como AFP ou AP, ademais de realizar diversos traballos institucionais e comerciais.
Colaborou con organizacións como Greenpeace ou WWF.
É cofundador do colectivo fotográfico OLLO.
EXPOSICIÓNS
Algúns dos seus traballos foron incluidos en diversas exposicións fotográficas, como a Art & Photo Exhibition (Adís Abeba, Etiopía), para a ONG Sara Canizzaro Child Minders Association; Realidade absoluta, na Galería Geraldes dá Silva (Oporto, Portugal); Rande: pé ou refuxio do Capitán Nemo, no centro cultural A Nacional de Manhattan (Nova York, EEUU); Building a New World, na Academia Albertina de Belas Artes (Turín, Italia); Antropoloxía Visual dunha Sociedade Confinada, no Museo Etnolóxico, (Ribadavia, España); Galicia en Vilo, na Sede Afundación (A Coruña, España); At the Scenes of the Pandemic, no Museo Nacional de Historia Contemporánea (Seúl, Corea do Sur); A Vía da Prata. Aires do sur, no Museo Centro Gaiás (Santiago de Compostela, España) ou Lume. Imaxes dunha terra que arde (Itinerante, Galicia).
RECOÑECEMENTOS
- 2023:
- Istambul Photo Awards – Gañador categoría natureza e medio ambiente
- Hamburg Porfolio Review
- Premio Gabo – Finalista categoría fotografía
- Premio La Buena Prensa á Mellor Serie: Las Huellas del Prestige
- Premio La Buena Prensa á Mellor Fotografía – Finalista
- 2022:
- Premio Luis Ksado – Gañador
- Estaçao Imagem – Gañador Categoría Ambiente
- Estaçao Imagem – Mención de Honra Categoría Vida Cotiá
- Sony World Photography Awards – Shortlist Categoría Paisaxe
- Environmental Photographer of the Year (EPOTY) – Finalista
- News Photo Awards – Finalista
- Premio Zampa – Finalista
- Premio Asisafoto – Serie Cor Mención de Honra FAF
- Premio Asisafoto – Tema Sorrisos Mención de Honra FIAP
- 2021:
- POYi Daily Life singles – Gañador
- Premio Ortega y Gasset de Xornalismo
- News Photo Awards – Grand Prize
- Siena International Photo Awards – Gañador Categoría Covid-19
- Estaçao Imagem – Gañador Foto do Ano
- Premio Galicia en Foco – Gañador
- Premio Carlos Casares – Kristina Berg ao Talento Activo
- Beca do Seminario de fotografía e xornalismo de Albarracín.
- Sony World Photography Awards – 2º premio na Categoría Portfolio
- POY Latam. Categoría Vida Cotiá – Individual. 2º premio
- POYi Fotógrafo local do ano – Finalista
- POYi Local News Picture Story – Award of Excellence
- NPPA – Best of Photojournalism 2020 – Contemporary Issues – Terceiro lugar
- Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo
- Premio ANI-Pix Trakk do festival Visa Pour L’Image – Finalista
- Premio The Circle of Life – Finalista
- Premio Luis Ksado – Finalista
- Premio Zampa – Finalista
- Premio Asisafoto – Mención de Honra FIAP
- Seleccionado para participar nos Descubrimentos PHE 2021
- 2020: Finalista da II Bolsa Joana Biarnés para Xóvenes Fotoxornalistas
- 2017: Mención especial no premio Galicia en Foco
- 2013: Gañador do premio SINIF de fotografía firepress do Simposio Nacional sobre Incendios Forestais
- 2012: Gañador do premio SINIF de fotografía firepress do Simposio Nacional sobre Incendios Forestais