VER MÁIS
A existencia comeza e remata nos bares. Acobadados na barra ou sentados nunha mesa, o bar é o mellor lugar para descender ó inferno e gozar dun refuxio cando non atopamos outro lugar onde caer mortos. O bar é o outro fogar, o ceo e o purgatorio, o confesionario. É o lugar onde todas as almas tornan iguais.